O 23 de novembro de 2025 celebrarase a XII edición do Trail do Trega, organizada polo Concello da Guarda xunto con NOKAO e a Deputación de Pontevedra. A proba, integrada na Pontevedra Trail League (distancia longa), ofrece dúas opcións: Mini Trail 12 km (saída ás 11:00h) e Gran Trail do Trega 18 km (saída ás 10:00h), ambas no espectacular escenario do Monte Trega.