Andaina
    A Guarda é un dos enclaves turísticos máis importantes de Galicia, en gran parte polo Monte Trega, lugar de visita obrigada polos seus interesantes valores arqueolóxicos, relixiosos e paisaxísticos. A citania de Santa Trega está considerada como un dos exemplos de cultura castrexa - romana máis importante do Noroeste peninsular. O legado relixioso materialízase nos Vía Crucis, o cruceiro de San Francisco e a ermida de Santa Trega. Os picos de O Facho e San Francisco ofrecen inmellorables panorámicas da desembocadura do Miño, Portugal, o océano Atlántico e o val do Rosal.
    A ANDAINA constará dun 10km polas faltas do monte Trega, un percorrido cunhas marabillosas vistas do Atlántico, desembocadura do río Miño e a súa fronteira con Portugal
    Prezo inscrición: 5 euros
    Regalo: gyn sac personalizado